PREGUNTAS E RESPOSTAS FRECUENTES
- ¿Cál é o prazo para facer a preinscripción no máster?
Para másters oficiais da Universidade de Vigo non existe preinscripción propiamente dita. No seu lugar, hai un prazo de matrícula con carácter provisorio. O calendario, tanto do primeiro período (xullo) como do segundo (setembro), está disponible en MATRÍCULA ou no sitio http://eees.uvigo.es

- ¿Pódese facer a matrícula online no máster?
Sí, a través do enderezo http://matricula.uvigo.es. Para máis detalles ver a sección de MATRICULA, apartado Tramitación de Matricula, neste sitio web.

- ¿Pódense enviar os documentos para matrícula escaneados?
Sí, a través do enderezo http://matricula.uvigo.es, no momento de formalizar a matrícula online. Porén é preciso entregar a solicitude e a documentación en papel no Rexistro da Universidade ou naqueles outros autorizados, incluido el envío por correo certificdao (ver a sección de MATRICULA, apartado Tramitación de Matrícula, neste sitio web) antes da data límite especificada. A Documentación debe ser remitida a:
Sección de Posgrao e Formación Continua
UNIVERSIDADE DE VIGO
Edificio de Xerencia e Servizos Centrais
Campus Universitario
36310 VIGO (Pontevedra)

- ¿Qué documentación hai que presentar coa matrícula?
- DNI ou pasaporte.
- Formulario de solicitude de admisión da Universidade de Vigo debidamente cumprimentado (obtense en http://matricula.uvigo.es, a través dun pdf que xera a aplicación). .
- Título que dá acceso ao Máster Universitario .
- Expediente académico no caso de alumnos/titulados de fóra da Universidade de Vigo.
- Currículum vitae.
- Dúas cartas de aval de profesores de titulacións previas (valorarase).
Para alumnos de fora do EEES deberán estar debidamente legalizados o título, o expediente académico e o plan de estudos da titulación que da acceso ós estudos de máster.
Unha vez admitido/a:
- Xustificante de pago de taxas ou de exención de taxas (se procede).
|