ESTRUCTURA


Módulos

Materias

Profesorado

Organización temporal

ESTRUCTURA DO CURSO

(Pendente de aprobación.)

O plan de estudos, cun total de 90 créditos, articúlase nunha parte común, dous itinerarios (entre os cales o alumno elixirá un), e a realización dun Traballo Fin de Máster.

A parte común consta de dous módulos: un de iniciación ó programa e outro relativo á temática de xestión. Á súa vez, cada itinerario configúrase en varios módulos.

No  itinerario 1 (Avaliación Pesqueira), os módulos son: organismos e ambiente, técnicas de investigación pesqueira, métodos estatísticos e dinámica de poboacións.

No itinerario 2 (Economía e Política Marítima), os módulos son: métodos cuantitativos en economía, economía dos recursos mariños e medio mariño, empresa e actividades marítimas.

Podes escoller Itinerario e construír a túa propia liña curricular porque o Master ofréceche unha combinación de Ciencias Mariñas e Ciencias Sociais. Para iso poderás combinar diferentes materias, escollendo entre as diferentes posibilidades que che dá o Máster segundo o seguinte esquema: