![]() |
||
ESTRUCTURA
|
O máster estructúrase nos seguintes módulos: MÓDULO 1. MÓDULO COMÚN. INTRODUCIÓN Ten como obxectivo introducir ós estudantes na comprensión básica dos fundamentos científicos, metodolóxicos e instrumentais que sustentarán o desenvolvemento temático do Máster, así como darlles a coñecer a información inicial necesaria para o seguemento do mesmo. Ofrece, así mesmo, un esquema organizativo e orientador do conxunto do Máster e dos principais problemas de avaliación e xestión. ITINERARIO 1. MÓDULOS ESPECÍFICOS MÓDULO 2. ORGANISMOS E AMBIENTE Sirve de introdución ós organismos mariños explotados e ós mecanismos naturais que determinan a súa abundancia e produción. O estudo dos organismos céntrase especialmente na súa morfoloxía e ciclo de vida, e na variabilidade oceanográfica e os mecanismos ecolóxicos derivados. MÓDULO 3. TECNICAS DE INVESTIGACION PESQUEIRA Facilitará ós/á alumnos/as, por un lado, os fundamentos e os rudimentos de aplicación dunha serie de técnicas de laboratorio que permiten obter os datos de partida de diferentes parámetros dos modelos de avaliación. Por outra parte, servirá de introducción a unha variedade de técnicas, instrumentos e metodoloxías pesqueiras que están tamén na base dos procedementos de avaliación das poboacións explotadas. MÓDULO 4. METODOS ESTATISTICOS Refírese á aprendizaxe das diferentes metodoloxías matemáticas e estatísticas implícitas nos modelos de avaliación e xestión das poboacións explotadas por pesca. O/a alumno/a aprenderá o uso do programa R e empregarao na aprendizaxe dos métodos estatísticos e na resolución dun amplo abanico de problemas numéricos habituais na avaliación e xestión pesqueira. MÓDULO 5. DINAMICA DE POBOACIÓNS Neste caso o/a alumno/a desenvolverá a capacidade de análise do estado dunha poboación e dos efectos do proceso de explotación da mesma. Para iso coñecerá os parámetros básicos da dinámica de unha poboación natural e aprenderá a cuantificalos a partir da diversidade de datos dispoñibles. Aprenderá as bases teóricas dos modelos de dinámica e avaliación poboacional e aplicará estes modelos a datos reais a través dos programas informáticos máis empregados na actualidade nos procesos de avaliación. O obxectivo final dol módulo é que o/a alumno/a sexa capaz de obter estimacións cuantitativas do estado dun stock nas que fundamentar a xestión do mesmo. ITINERARIO 2. MÓDULOS ESPECÍFICOS MÓDULO 6. MÉTODOS CUANTITATIVOS EN ECONOMÍA Obxectivos:
MÓDULO 7. ECONOMÍA DOS RECURSOS E DO MEDIO MARIÑO Obxectivos:
MÓDULO 8. EMPRESA E ACTIVIDADES MARÍTIMAS Servirá de introdución os problemas empresariais e de xestión. Para elo o alumno adquirirá coñecementos e desenrolará exercicios de organización e dirección empresarial, marketing, comercio internacional, inversión e financiación, aplicándoo a actividade sectorial e a profesión da xestión no sector e as súas empresas MÓDULO 9 . MODULO COMUN: XESTION DA PESCA E MEDIO MARIÑO Ten o dobre obxectivo de axudar ó/á alumno/a a orientar o Traballo Fin de Máster e de avanzar na aplicación de coñecementos, métodos e instrumentos a realidades concretas, resaltando os aspectos inter-disciplinares da xestión. Os/as alumnos/as poderán reforzar as súas capacidades de traballo en equipo e poderán desenvolver a súa autonomía na elección de problemas e argumentos. A estes módulos engádese un Traballo Fin de Máster. Representa a culminación do máster, nel o alumno deberá poñer en práctica os coñecementos adquiridos aplicándoos a análise dun tema relacionado co ámbito do máster dende unha perspectiva multidisciplinar. Os números dos módulos e materias que figuran nesta páxina poden non coincidir cos que figuran nas follas de matrícula (dado que estas follas seguen pautas administrativas)
|
|