MATRÍCULA


Aceso

Admisión

Tramitación da matrícula

Documentación a presentar

Prezo

 

TRAMITACIÓN DA MATRÍCULA

Podes acceder ás condicións detalladas da convocatoria de matrícula en másteres da Universidade de Vigo na sección correspondente da Vicerreitoría de Organización Académica, Profesorado e Titulacións.

As/os aspirantes deberán cubrir a solicitude de matrícula vía telemática nos prazos establecidos no calendario na dirección de Internet https://matricula.uvigo.es.

Toda a documentación achegada transmitirase, escaneada ou en formato PDF, a través de devandita plataforma.

Na solicitude os/as alumnos/as deberán incluír un enderezo de correo electrónico, que será o medio preferente utilizado pola universidade para enviar as comunicacións e notificacións que se derivaren deste proceso. Se for posíbel, tamén deberán incluír un teléfono móbil de contacto para a recepción da posíbel comunicación por SMS.

Non obstante, deberá presentarse a devandita solicitude (a plataforma xera un documento PDF de solicitude) e a documentación en soporte papel nos Rexistros da Universidade de Vigo ou por calquera procedemento establecido no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas.

Estes procedementos de rexistro alternativos establecidos pola Lei 30/92 son:

  1. Os rexistros de calquera órgano administrativo, que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Administración das Comunidades Autónomas, ou á dalgunha das entidades que integran a Administración Local se, neste último caso, se subscribise o oportuno convenio
  2. Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
  3. Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.