ACTUALIDADE


 

 

 

 

MÁSTER UNIVERSITARIO EN ECONOMÍA, AVALIACIÓN E XESTIÓN DO MEDIO MARIÑO E DOS RECURSOS PESQUEIROS

Apostando polo Mar

A Universidade de Vigo escolleu o Mar como un dos seus principais sinais de identidade no ámbito da Investigación e a Formación Superior tal como está reflexado no Proxecto Campus Mar (www.campusdomar.es), onde se recollen todas as posibilidades abertas no entorno mariño sendo este Máster unha das pezas no ámbito da formación.

Novo Plan de Estudos 2012-13

Para adaptalo as tendencias propias do desenrolo do Espazo Europeo de Educación Superior, e seguindo as disposicións oficiais o respecto, implantarase un novo Plan de Estudos no curso 2012-13, cunha carga docente total de 90 ECTS.

Facultade de económicas e empresariais

Unha boa dotación de recursos formativos e profesionais

O Máster é posible porque se nutre de profesores de distintas especialidades e perfís, tanto da Universidade como de Institutos e Centros de Investigación Mariños, así como dun panel de expertos profesionais que aportan a súa experiencia en distintos campos e actividades relacionadas co medio mariño.

Un Máster pluridisciplinar e singular

Ao conxugar baixo a mesma oferta formativa dúas grandes especialidades (Avaliación Pesqueira, Economía e Política do Medio Mariño), compártense algúns bloques temáticos e amplíanse as posibilidades dos alumnos para deseñar o seu propio curriculum formativo.

Un proxecto que abre saídas profesionais e axuda a cubrir necesidades sociais

Na liña do Campus Mar da Universidade de Vigo, tratamos de contribuír a crear un espazo formativo socialmente útil e adaptado ás necesidades do sector produtivo.

 

Selección de idioma
Galego Español English

 

emagister