![]() |
|
PRESENTACIÓN
|
PRESENTACIÓN DO CURSO O obxectivo básico do Máster en Economía, Avaliación e Xestión do Medio Mariño e os Recursos Pesqueiros é formar bos profesionais no campo das ciencias mariñas e para a xestión pública e privada en actividades desenvolvidas no medio mariño. Este obxectivo básico entendémolo ademáis en dous niveis. Por unha parte, trátaea de formar profesionais para tarefas de avaliación e xestión nos sectores público e privado relacionados co mar. Por outra banda, tamén pretendemos proporcionar ferramentas para a formación de novos investigadores neste campo, para o cal o programa diseñouse para proporcionar os coñecementos e a aprendizaxe necesarios para que os estudantes estén en condicións de poder abordar proxectos doctorais neste campo de estudo. Este máster ten ademáis unha serie de singularidades ou características diferenciadoras: En primeiro lugar é un producto fortemente interdisciplinar. Unido polo nexo común da avaliación e da xestión, a economía e as ciencias naturais danse a man para formar profesionais que coñezan moi ben o medio mariño no que se van especializar. Precisamente, O Mar é outra especificidade resaltable do Máster. Hai moi poucas ofertas con este perfil tan marcado, e nós estamos convencidos do papel crecente do medio mariño na actividade económica e social futura das nosas sociedades. Un dos acentos que resaltamos no momento actual é a actividade pesqueira. O Máster ten un interese especial neste apartado, e os profesionais que saian do Máster poderán ter un campo de acción xeográficamente amplo ó ser unha actividade que se desenvolva en lugares moi distintos e distantes. Outra das preocupacións do Máster é a Xestión Integral. As referencias ó espazo mariño como espazo de confluencia de actividades económicas diversas debe ser ilustrativa do noso interese en formar profesionais e investigadores que afronten a problemática da xestión e a gobernanza nestas circunstancias.
|