PRESENTACIÓN
Antecedentes
Master oficial
Obxectivos e competencias
Destinatarios e lugar
|
OBXECTIVOS E COMPETENCIAS
Os obxectivos do Máster en Economía, Avaliación e Xestión do Medio Mariño e os Recursos Pesqueiros son:
- Contribuír a paliar as carencias formativas en actividades marítimas, en continua expansión e transformación
- Satisfacer a demanda especializada que realizan empresas do sector e centros de investigación mariños.
- Reunir a experiencia profesional do sector próximo co coñecemento académico nun produto próximo ás necesidades sociais.
- Ofrecer un amplo abanico de posibilidades formativas para deseñar liñas curriculares que se adapten ás expectativas dos futuros profesionais
Estes obxectivos concretaranse, á súa vez, nos seguintes campos de interese:
- Bases oceanográficas e ecolóxicas da producción mariña.
- Fundamentos da dinámica de poboacións de peixes e da avaliación das poboacións.
- Coñecemento dos principais métodos matemáticos e estatísticos, así como de técnicas asociadas á avaliación e á investigación pesqueira.
- Fundamentos da Economía dos Recursos Mariños e coñecemento da actividade económica marítima e pesqueira.
- Coñecemento das institucións e políticas no ámbito mariño, así como das bases xurídicas.
- Fundamentos da Organización e Contabilidade empresarial, aplicándoo ó sector marítimo-pesqueiro.
- Bases para a xestión de Entidades Públicas e Privadas neste ámbito.
- Aprendizaxe para o plantexamento e desenvolvemento de proxectos de investigación e plans de xestión biolóxica e económica no ámbito dos recursos e o medio mariño.
En función da orientación elixida polos alumnos, estes desenvolverán aprendizaxes máis destinados ó exercicio profesional, con aplicacións nalgúns dos perfís que contempla o programa, ou ben intensificarán os coñecementos avanzados en metodoloxía e fundamentos de análise de cara a iniciarse na investigación e poder desenvolver proxectos doctorais.
En canto ás competencias específicas que o alumnado adquirirá coa realización do máster, podemos citar as seguintes:
- Adquisición de destreza no traballo empresarial dada a posibilidade de desenvolver prácticas de traballo en empresas, en departamentos de xestión e avaliación.
- Desenvolvemento da destreza en manexo de ferramentas informáticas para a xestión e a avaliación.
- Coñecemento práctico e directo do sector marítimo-pesqueiro favorecido pola cercanía xeográfica.
- Adquisición de destreza na determinación de solucións de xestión bioeconómica óptimas e compatibles co desenvolvemento sostible.
- Adquisición de destreza na identificación e avaliación de indicadores de calidade ambiental no medio mariño.
- Adquisición de destreza no plantexamento de problemas de xestión integral e con criterio múltiple.
- Adquisición de destreza no deseño e interpretación de plans contables.
- Adquisición de destreza no deseño e control de organización de departamentos empresariais.
- Adquisición de destreza no manexo das normas fiscais.
- Adquisición de destreza en técnicas de marketing e organización da comercialización.
- Adquisición de destreza no manexo das normas de seguridade, calidade e trazabilidade.
- Adquisición de destreza no manexo da lexislación e funcionamiento de institucións comunitarias e outras organizacións internacionais.
- Desenvolvemento da destreza no manexo de procedementos e modelos matemáticos e estatísticos.
- Desenvolvemento da destreza en aplicación de técnicas asociadas á avaliación de poboacións.
- Desenvolvemento de habilidades na elaboración e interpretación de Informes de situación e xestión.
- Desenvolvemento de habilidades na análise e discusión de artigos científicos.
- Desenvolvemento de habilidades na análise e elaboración de datos.
|