![]() |
|
PRESENTACIÓN
|
MASTER OFICIAL Os másteres oficiais son os novos títulos oficiais de formación avanzada, de carácter especializado ou multidisciplinar, resultado da adaptación dos estudos universitarios ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Os másteres oficiais outorgan unha titulación recoñecida en todo o estado español e homologable dentro do EEE (Espazo Económico Europeo). Para que este recoñecemento sexa posible os másteres oficiais organízanse según o Sistema europeo de transferencia e acumulación de créditos (ECTS), cuxa característica principal é que está centrado no estudante e baseado na carga de traballo do estudante necesaria para a consecución dos obxectivos dun programa. No ECTS, os créditos só se poden obter unha vez que se ten completado o traballo requerido e se ten realizado a avaliación adecuada dos resultados da aprendizaxe. O crédito é tamén unha forma de cuantificar os resultados da aprendizaxe. Os resultados da aprendizaxe son conxuntos de competencias que expresan o que o estudante saberá, comprenderá ou será capaz de facer tras completar un proceso de aprendizaxe, curto ou longo. En España o habitual é que 1 crédito ECTS sexa equivalente a 25 horas de carga de traballo do estudante. A carga de traballo do estudiante no ECTS consiste no tempo investido en asistencia a clases, seminarios, estudo persoal, preparación e realización de exámes, etc. Para máis información, visitar o espazo correspondente da Vicerreitoría de Organización Académica, Profesorado e Titulacións e o sitio web creado especialmente polo Ministerio de Educación para proporcionar información específica e resolver dúbidas sobre o proceso de adaptación ao EEES (tamén chamado proceso de Bolonia).
|