PRESENTACIÓN


Antecedentes

Master oficial

Obxectivos e competencias

Destinatarios e lugar

 

ANTECEDENTES

Aínda que o Programa do Máster presentase no marco normativo das reformas dás ensinanzas universitarias, podemos achegar aquí algunhas experiencias académicas en distintos niveis formativos que sen dubida poden resaltar o valor dá oferta que se presenta, na medida en que se basea en propostas en parte contrastadas e apoiase en profesores con experiencia formativa neste campo.

Polo que respecta o compoñente de Economía e Xestión económica, os antecedentes sitúanse en tres niveis:

  1. En ensinanza regular, na Universidade de Vigo implantáronse os itinerarios de recursos naturais e medio ambiente desenrolados nos antigos plans de estudo en segundo ciclo de Economía, baixo a responsabilidade do Departamento de Economía Aplicada. Así mesmo foron responsables dás materias de Economía dos recursos mariños na licenciatura de Ciencias do Mar (Segundo Ciclo).
  2. En terceiro ciclo, o mesmo departamento foi responsable de varios programas, nos que o compoñente de recursos naturais foi importante, ata o punto de ser a rama na que se desenrolou un maior número de Traballo Fin de Máster doutorais, cuxa calidade pódese acreditar.
  3. O mesmo Departamento, coa responsabilidade docente do grupo ERENEA, presentou catro edicións do Máster propio da Universidade de Vigo, Economía e Xestión da Pesca e da Acuicultura.

No que respecta o compoñente de Bioloxía e Avaliación Pesqueira, pártese dos seguintes precedentes:

  1. A existencia dunha Licenciatura de Ciencias do Mar na que os contidos que tratan do medio físico, químico e biolóxico mariño, ecoloxía de poboacións e explotación de recursos vivos mariños son parte principal da mesma (http://webs.uvigo.es/facultadeccdomar/index.php).
  2. O desenrolo de varios cursos de doutorado, dentro do programa “Bioloxía de organismos e ecosistemas”, sobre dinámica de poboacións mariñas explotadas, explotación e avaliación pesqueira  (http://webs.uvigo.es/victce/index.php).

Os profesores responsables destas iniciativas están a cabeza da que agora se propón no novo marco normativo e participarán con tarefas docentes significativas.
En tódolos casos pretendeuse abordar, aínda que dende distintos ángulos, o déficit formativo neste campo, o que agora se pretende no novo marco e cunhas dimensións diferentes.